DON MACHISMO PERDE PROTAGONISMO
FOTOGRAFÍAS
COMPAÑÍA
OBRAS EN CARTEL
TÓDALAS OBRAS
CONTRATACIÓN
FICHA TÉCNICA :
Autor : Esteban Losada
Xénero : Comedia
Idioma : Galego e castelán
Público preferente : Infantil ( de 6 a 11 anos)
Duración : 60 minutos
Tempo de montaxe/ desmontaxe : 4 horas/ 2 horas
Potencia eléctrica : 5 Kw / 380-220 v
Espacio escénico : Ancho : 3 m,  fondo  : 3 m,  alto : 3 m


POSTA EN ESCENA:
Decimocuarto montaxe da compañía, expresamente escrito por un encargo do concello de Ourense, está concebido como un alegato contra a violencia de xénero. Técnica empregada: Luva.

SINOPSE:
A vida dun familia transcorre plácidamente ata que irrumpe nela o demo que insidiosamente penetra no subconcente do cabeza de familia para que eduque a súa filla de forma diferente ó seu fillo impoñéndolle obrigas e tarefas, que segundo o demo, lle son propias ás mulleres.  Candela, a filla, rebélase e isto causa unha serie de conflictos que van en crescendo. Os malos tratos psiquicos chegan ós físicos e un mal golpe deixa sen coñecemento a Candela. Ó tempo pasa e a nena non esperta.
O pai cre tela matado e de súpeto decátase da súa tolemia, pero xa é demasiado tarde, a súa filla nunca regresará. Unha fada apiádase da nena e lle devolve a vida. A partir deste momento  se recupera a armonía perdida e o machismo será desterrado para sempre do seu fogar.
INICIO